Infórmate > Noticias 

Noticias 

Obradoiro de animación sociolaboral IV “Mercado laboral e vías de acceso”
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

27/03/2019 | Xinzo de Limia

1 de 9

O martes 26 de marzo, o grupo de busca compartida de emprego, volveu a reunirse na Aula de formación do CIX da Limia, desta volta e, atendendo ás demandas maioritarias das persoas participantes, para abordar os seguintes contidos: interpretación de nóminas (onde Hicham, Administrativo do C.D.R. O Viso, dedicou un anaco á súa explicación e resolución de dúbidas), igualdade de oportunidades e a situación do mercado laboral e as súas vías de acceso.

Partindo dos presupostos da aprendizaxe significativa “apréndese mellor aquilo que se fai que o que se escoita” abordamos convocatorias de emprego públicas e o seu procedemento e tamén da empresa privada.

Quedamos en volver a reunirnos o día 9 de abril (en horario aínda por determinar de mañá ou tarde) para abordar “Técnicas activas e habilidades sociais para a busca”, contidos que se prestan a traballar con xogos de rol que empoderen ás e ós participantes para aumentaren as súas posibilidades de inserción sociolaboral.

Estes obradoiros que están tendo lugar quincenalmente enmárcanse no Programa RuralEmprégate, de orientación e intermediación laboral con persoas desempregadas da Comarca da Limia, financiado dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info