Infórmate > Noticias 

Noticias 

Limuhe: Xornada de convivencia gastronómica e lúdica.
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

28/02/2019 | Lodoselo

Viaxe gastronómico aos doces máis representativos da cociña marroquí sen saír de Lodoselo.

1 de 3

Facilitar o encontro entre veciñas de distintas culturas era o obxectivo da tarde de onte. Usuarias dos distintos programas do CDR (Rural empréga-t, ximnasia, memoria, formación dixital, español…) participaron dunha experiencia moi enriquecedora xa que ademais de coñecer outros pratos interactuaron entre elas.

Descubrir distintas culturas a través dos sabores e compartir experiencias que fomenten a integración foi a meta marcada dende o CDR nun intento de fusionar gastronomía co intercambio cultural.

A implicación das participantes foi máxima e iso víase no ambiente que reinou na cociña. Ao final degustáronse os pratos cociñados entre risas e moi bo rollo; e ao rematar repartiuse a comida que sobrou entre as asistentes para que na súas casas tamén a puidesen degustar.

Con moi bo sabor de boca e a barriga moi chea concluía a xornada de cociña marroquí, pensando xa nas posibles receitas que faremos no próximo encontro.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info