Infórmate > Noticias 

Noticias 

Visita a Lodoselo dun grupo de estudantes do Grao en Educación Social.
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

27/02/2019 | Lodoselo, Sarreaus.

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas,pode cambiar o mundo".

1 de 1

Esta semana tivemos en Lodoselo a visita dun grupo de estudantes do grao en Educación Social (Universidade de Vigo, campus de Ourense).

O luns coñeceron o proxecto, as súas orixes, evolución e as funcións dos educadores e das educadoras sociais no CDR O Viso. O bo tempo permitiulles percorrer Lodoselo mediante un entretido xogo de pistas no cal coñeceron a súa cultura, tradicións,...e, sobre todo, a amabilidade dos veciños e das veciñas, da xente do rural! Tamén puideron gozar dos xogos tradicionais no campiño, moitos dos cales descoñecían.

Tras un día tan intenso precisaban recuperar enerxía cunha deliciosa cea preparada con moito agarimo por Manola;   remataron o día a gargalladas grazas a unha divertida velada!

O martes o cansazo era palpable, pero o entusiasmo tamén, polo que tiveron folgos para coidar os animais, facer o pan de modo tradicional no antigo forno de Lodoselo e para encher os bandullos cos boliños preñados antes de marchar!

Moitas grazas pola vosa visita e moita sorte neste longo e fermoso camiño que estades a percorrer! Ata pronto!

 

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info