Accesibilidad

Noticias 

© CDROViso | 14/03/2018 | Grupo de animadores y animadoras socioculturales

Visita dos/as animadores/as socioculturais do CIFP Portovello

O pasado venres recibimos aos futuros/as animadores/as socioculturais en Lodoselo

13/03/2018 | Lodoselo

Á súa chegada foron recibidos/as por Alberto, Andrea e Tamara, educadores/as sociais do CDR "O Viso" e os/as responsables de ensinarlles as instalacións do albergue así como de explicarlles os programas nos cales interveñen. Logo fixeron o pan no antigo forno do pobo, xunto con Angelita, quen lle revelou o segredo para facer un bo pan. Ademais, tamén tiveron a oportunidade de ver o noso tear, onde Alberto lle mostrou e comentou cal é o proceso de elaboración e preparación do liño. A visita finalizou nas instalacións do Centro de Inclusión, no cal o noso traballador social Edi, explicoulle as áreas nas cales traballamos así como os programas que se levan a cabo e o funcionamento de cada un deles.
Antes de poñer fin a súa visita, foron recoller o pan que fixeran no forno.
Moitas grazas e ata pronto!!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias